A Basic Guide to Folk Song Analysis

Atoparedes esta nova publicación sobre análise accesible na Rede, dentro da plataforma KodályHub. O Instituto Kodály da Academia Liszt lidera esta iniciativa en que participan varias institucións europeas, que inclúe unha Comunidade e un Cancioneiro con achegas de usuarios de diversos países do mundo. No Cancioneiro temos partituras, unha análise básica de elementos musicais presentes nas cancións e unha tradución da letra, xunto con regras do xogo ou baile, de habelas, ou exercicios e suxestións de emprego nas aulas. Atoparedes tanto cancións da tradición oral como música erudita.

A nova sobre a publicación da guía (e o acceso ao rexistro) atopádela aquí: https://kodalyhub.com/52-a-basic-guide-to-folk-song-analysis-published

Recibín a encarga de preparar este texto como axuda para os usuarios que contribúen con música dos seus países ao Cancioneiro. Para acceder á Guía, escrita en inglés, e ao resto das utilidades da páxina, hai que rexistrarse nela (o rexistro é gratuíto). Anímovos a que a usedes e aproveitedes, e a que acheguedes tamén novo material para enriquecer a comunidade!

No proceso de elaboración deste traballo destaca a figura do meu mestre e mentor, Mihály Ittzés, quen desgraciadamente xa non puido ver a versión final dun texto no que está sempre presente. Con quen si puiden contar foi coas etnomusicólogas Olga Szalay e Dorothé Schubarth, que coas súas correccións e suxestións axudaron a mellorar o resultado final.

A guía inclúe 140 cancións diferentes (entre elas 17 de Galicia) para 193 exemplos musicais, con exercicios de test e solucións a eles. 91 cancións na guía de análise e 2 cancións cunha análise completa, e 100 cancións nos exercicios de test. Nesta ligazón podedes ver un documento breve cunha presentación dos contidos da guía: A_Basic_Guide_FSA_Info_F

A_B_G_t_FSA

Info básica:

Sergio de la Ossa: A Basic Guide to Folksong Analysis. Edita Liszt Academy of Music, Budapest, 2019. ISBN 978 963 7295 41 6. Revisión de Olga Szalay e Dorothé Schubarth. Revisión lingüística de Máiréad Ní Chondúin.

Traballo encargado polo proxecto de parcería estratéxica “Kodály HUB
Sing. Learn. Share.” con fondos do programa Erasmus+. Institucións que colaboran:

Liszt Academy of Music Budapest, Koninklijk Conservatorium Den Haag, Royal Conservatoire of Scotland, National Youth Choir of Scotland, Vocaal Talent, National Youth Choirs of The Netherlands, Kós Károly Primary School Budapest.

1ª edición, xuño de 2019

About Sergio de la Ossa

músico, profesor, investigador
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.