Curso sobre o Cancioneiro Popular Galego

O curso será o martes día 9 de abril, de 10 a 14h. e de 16 a 20h., no Conservatorio Superior de Música de Vigo (Manuel Olivié nº 23, 36203 Vigo). A inscrición realízase entrando na web do centro (csmvigo.com), no espazo dedicado a cursos e actividades. Data límite: 2 de abril de 2019 (prazas limitadas). Matrícula: 30€ (20€ alumnado do CSM Vigo).

CPG

Resumo

Malia ser unha das fontes máis citadas e louvadas no campo da investigación de música tradicional, o Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth segue a ser unha obra en xeral incomprendida e pouco usada.

O curso pretende axudar a comprender esta obra clave na descrición da música cantada de tradición oral en Galicia a través da ordenación de información que aparece espallada nos seus distintos volumes e seccións; do exame detallado de exemplos propostos pola propia autora; da reformulación ou maior detalle na explicación de varios fenómenos musicais; e da comparación desta obra con outros traballos europeos de características semellantes, pouco coñecidos en Galicia.

Obxectivos

—Acadar unha mellor comprensión do CPG e, por extensión, da música vocal de tradición oral en Galicia. —Aprender a manexar o CPG e a buscar información dentro del. —Comprender fenómenos propios das músicas tradicionais como a variación melódica e formal, a proxección ou transformación melódica, o libre intercambio de valores longos e breves etc. —Coñecer os xéneros que se definen por características musicais e comprender as súas definicións. —Facilitar a lectura das partituras incluídas no CPG mediante exemplos prácticos: melodía principal e variantes rítmicas e melódicas; sincronización do ritmo do canto e da percusión etc. —Comprender o sistema de ordenación de melodías e ser capaz de atopar melodías polas súas características (principalmente no vol. VII, mais tamén nos anteriores).

Contidos

—O sistema de escritura e as características da música. Armadura real vs armadura tonal. A [falta de] barra de compás; grupos de corcheas unidas por barra; diferenza de acentuación entre canto e percusión etc. —A notación das variantes. —Lectura das táboas sinópticas. —A descrición da música. Terminoloxía e conceptos relacionados. —O sistema de clasificación musical, a ordenación das melodías. Comparación con outros exemplos europeos. —Dous escritos posteriores ao CPG: “Música popular galega no contexto da música popular europea” (A Trabe de Ouro t. 11 nº 41 (2000)) e a entrada “Galicia” no Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana.

 

PDF coa información do curso na web do CSM Vigo: http://csmvigo.com/files/Curso-CPG-Sergio-de-la-Ossa.pdf

 

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s