Se che interesa… saber por que os versos dunha muiñeira nova teñen cada un distinto número de sílabas; aprender a resumir a estrutura rítmica dunha cantiga, diferenciando entre variantes rítmicas esenciais e interpretativas; coñecer os xéneros vocais da música de Galicia; en definitiva, saber como están feitas as distintas cancións tradicionais, a través do estudo dos elementos que as conforman, o próximo mes de outubro tes na Central Folque unha edición renovada do curso continuo de análise.
Aprendemos escoitando gravacións orixinais, cantando desde partitura e aplicando os coñecementos paso a paso, de xeito progresivo e práctico. Este ano extendemos a duración do curso a 60 horas. Nel poderás preparar a conciencia a análise musical para a proba das oposicións a mestres de música.
Debido á situación actual, o número máximo de prazas este curso é de 9. O prezo da matrícula para o curso completo é de 350€ (se queres reservar praza, podes facelo aquí). Seguindo as recomendacións sanitarias actuais, haberá 1,5 m entre postos e ventilaremos con frecuencia a sala. O curso presencial terá lugar no CSC A Trisca de Santiago de Compostela, en sábados alternos até finais de maio, de 10 a 14h, segundo o plan que ves nesta táboa:
(para descargar a táboa en tamaño máis grande, fai clic aquí)
curso 18-19
Como traballamos a análise? Podes ver parte do método noutras páxinas e entradas deste blogue (por exemplo, aquí). Tes algo máis completo na versión publicada no KodályHub da miña guía de análise (+ info nesta entrada). Se tes algunha pregunta sobre o curso, escribe ao enderezo de contacto desta páxina. Se as dúbidas son sobre cuestións administrativas ou matrícula, escribe a matrícula@folque.com.
(Se non podes vir a Santiago, igual che interesaría o curso online; bótalle un ollo!
Aos cursos acostuman presentarse persoas con distintos niveis de formación; entre elas, interesadas en aprender sen o obxectivo final da proba de oposicións. Se non tes unha gran formación en solfexo ou teoría da música pero tes curiosidade e vontade de aprender, e tempo para dedicarlle ao estudo de textos de referencia, partituras e gravacións, os resultados están garantizados. Consúltanos o que queiras, únete ao grupo deste curso!