Curso continuo de análise 2022

Se che interesa… coñecer as características que definen os xéneros musicais de Galicia; saber por que os versos dunha muiñeira nova teñen cada un distinto número de sílabas, ou distintos ritmos aínda que os seu número de sílabas sexa idéntico; diferenciar entre variantes rítmicas esenciais e interpretativas, e coñecer os principais medios de variación do ritmo; en definitiva, se che interesa saber como están feitas as cancións tradicionais, o próximo mes de febreiro comeza na Central Folque un novo curso de análise.

Aprendemos escoitando gravacións orixinais, cantando desde partitura e aplicando os coñecementos paso a paso, de xeito progresivo e práctico. Este ano o curso terá 13 sesións de 4 horas cada (52 horas totais). Nel poderás preparar a proba de análise das oposicións a mestres de música.

prezo da matrícula para o curso completo é de 300€ (se queres reservar praza, podes facelo aquí). Seguiremos as recomendacións sanitarias vixentes. O curso terá lugar na Sala Circular do Auditorio de Galicia os sábados indicados no plan, do 5 de febreiro ao 21 de maio, de 10 a 14h, segundo o que ves nesta táboa:

(para descargar a táboa en tamaño máis grande, fai clic aquí)

Como traballamos a análise? Podes ver parte do método noutras páxinas e entradas deste blogue (por exemplo, aquí). Tes algo máis completo na versión publicada no KodályHub da miña guía de análise (+ info nesta entrada). Se tes algunha pregunta sobre o curso, escribe ao enderezo de contacto desta páxina. Se as dúbidas son sobre cuestións administrativas ou matrícula, escribe a matrícula@folque.com.

Aos cursos acostuman presentarse persoas con distintos niveis de formación; entre elas, interesadas en aprender sen o obxectivo final da proba de oposicións. Se non tes unha gran formación en solfexo ou teoría da música pero tes curiosidade e vontade de aprender, e tempo para dedicarlle ao estudo de textos de referencia, partituras e gravacións, os resultados serán palpables. Agardamos por ti no grupo deste curso!

aCentral Folque, Sala Circular do Auditorio de Galicia, 2018 (foto: Alba María Rodríguez)

About Sergio de la Ossa

músico, profesor, investigador
Estas entrada foi publicada en cursos, Sen clasificar coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s