Obradoiro “Guías para o uso do Cancioneiro popular galego”

Este obradoiro forma parte da programación do V Encontro Tradición en feminino, que organiza a AGG, Asociación do baile e a música de tradición galega, o domingo 19 de novembro de 2023 no CSC do Castiñeiriño, en Santiago.

Neste obradoiro veremos algunhas claves para quitarlle proveito ao CPG. Trataremos a súa estrutura xeral para facilitar a procura de información nos distintos volumes e nos introduciremos na clasificación do vol. VII e na busca de melodías. 

O programa da xornada é o seguinte:

10.45 – Apertura

11.00 – Relatorio “O traballo de Dorothé Schubarth no Museo do Pobo Galego”. Concha Losada

11.45 – Descanso

12.00 – Obradoiro “Guías para o uso do ‘Cancioneiro popular galego’ de Dorothé Schubarth”. Sergio de la Ossa

13.30 – Xantar

16.30 – Coloquio “Dúas olladas feministas ao arquivo da oralidade musical galega” con Beatriz Busto e Xulia Feixoo

17.15 – Descanso

17.30 – Relatorio – concerto “A creación artística a través das gravacións de campo: o tránsito destas melodías ao contexto escénico”. Anaïs Barbier 

A participación é libre, ata completar o aforo, por orde de inscrición. Podes inscribirte nos teléfonos 986847074 ou 661637696 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal, indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e correo electrónico.

About Sergio de la Ossa

músico, profesor, investigador
Estas entrada foi publicada en cursos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario