Perfil

Sergio de la OssaDSCF4260b

Musicólogo, mestre de música e guitarrista. Especialiceime en pedagoxía musical Kodály en Hungría, onde impartín a materia de Música Tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015, 2020).

Música tradicional          Aprendín sobre transcrición e catalogación de músicas tradicionais coas etnomusicólogas Mária Domokos e Olga Szalay. Entre 2007 e 2018 traballei na transcrición, edición e arquivo do material musical do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal), onde publiquei perto de 200 partituras de música tradicional coas súas análises e guías de uso. Son membro da banda Gergelyes, dedicada aos bailes e a música dos húngaros csángó (Moldavia).

Experiencia profesional, cursos e conferencias          Ademais de guitarra e harmonía clásica, ensino solfexo e análise de música tradicional na Central Folque, en Santiago de Compostela. Ofrecín varios cursos e conferencias sobre música tradicional e adaptación do Método Kodály. Participei como ponente en conferencias como o WOMEX 2014 (Santiago) e na celebrada en homenaxe a Zoltán Kodály no Instituto de Musicoloxía da Academia de Ciencias Húngara en 2017 (Budapest).

Publicacións principais       2019: A Basic Guide to Folksong AnalysisBudapest: Liszt Academy of Music.  (texto accesible na Rede previa inscrición gratuíta en kodalyhub.com). ISBN 978-963-7295-41-6.      Son coautor de Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983), con J.L. Forneiro. aCentral Folque, 2019 e Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCF, 2017, con Xavier Groba); tamén colaborei como autor en Repente galego (Deputación de Pontevedra, 2016), de Ramon Almuinha; e en Así fan os bailadores… (Baiona: Dos Acordes, 2009). Seleccionei as músicas e escribín os textos de Dispostas para cantare, CD con libriño de acompañamento editado polo Museo do Pobo Galego no seu 40 aniversario (2017).

Traducín tres novelas húngaras ao galego (Cotovía (2017), de D. Kosztolányi; e Ao norte unha montaña… (2014), de L. Krasznahorkai e Oito minutos (2012)de P. Farkas, xunto con Veronika Gergely), editadas por Rinoceronte.

IMG_0065

Foto: Miguel Souto (O Fiadeiro, Vigo, 2016)