Forma

A forma concreta das cancións exprésase con letras (unha por cada verso musical). Un verso pode ser, en relación co que o precede:

  1. idéntico (expresado coa mesma letra: A A);
  2. diferente (expresado con outra letra —a seguinte—: A B);
  3. semellante (a mesma letra acompañada dun signo que a modifique, p. ex.: A Av).

Os signos que modifican as letras básicas son os seguintes:

  1. v (primeira letra de variante). Escríbese despois da letra principal, en subíndice (Av). ex. 1
  2. c (primeira letra de cadencia, abreviatura de variante da cadencia), indica unha variación da última nota, ou últimas notas, do verso. Escríbese en subíndice (Ac).    ex. 2
  3. (prima), usada para as variantes de escasa entidade (A’). ex. 3.
  4. Números en superíndice ou subíndice: indican que o verso é cantado en secuencia con respecto ao que varía. A situación do número (en super- ou subíndice) indica a relación do verso actual co anterior (máis agudo ou máis grave), o número en si expresa o intervalo exacto no que a secuencia ocorre (Ax Ax).  ex. 4

Forma: A B C Cv

CMG nº 43

exemplo 2

Forma: A  A  Ac B

CGTO nº 86

exemplo 3

Forma: A A’ B C

15 - O ghai ghai b G

exemplo 4

Forma: A A2 A B

Non tódalas persoas interpretan a forma de igual maneira. Un verso diferente, pero lixeiramente semellante, pode ser interpretado por uns como variante, mentres que outros dirán del que é distinto.

Atoparemos non poucos casos abertos para o debate, e por esa razón creo que o máis importante é decatarse das posibles ambigüidades, apreciar eses elementos que son en certa medida semellantes e desde outro punto de vista diferentes, e aceptar o feito de que outros ven (escoitan) o mesmo ca nós, pero o perciben e interpretan doutro xeito. Quizais a nosa propia percepción cambie tamén ao pasar un tempo.

Fontes:

Exemplo 1: Museo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Santiago de Compostela. http://apoi.museodopobo.gal, ID#135 (partituraficha)[Consultado: 2016-06-12]

Exemplo 2: Sampedro y Folgar, C.: Cancionero musical de Galicia. Reed. fasc. 1942. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1982, pp. 9-10 .(nº 43)

Exemplo 3: Schubarth, D., Santamarina, A.: Cancioneiro galego de tradición oral. A Coruña: Fundación P. Barrié de la Maza, 1982, p. 125. (nº 86)

Exemplo 4: Schubarth, D., Santamarina, A., ibid., p. 67.  (nº 17b) (reeditada)