Próximos cursos:
Curso presencial de análise, organizado por aCentral Folque. 52 horas, sábados de 10 a 14h en semanas alternas, de outubro 2022 a maio de 2023 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
Últimos cursos:
Taller de transcrición musical. Martes 3 de maio, dentro das Jornadas de Investigación Musical 2022 (etnomusicología). Salamanca, Conservatorio Superior de Castilla y León.
Curso sobre o Cancioneiro popular galego, sábados 19 e 26 de marzo de 16 a 20h no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, aCentral Folque).
Curso presencial de análise, organizado por aCentral Folque. 52 horas, sábados de 10 a 14h, de febreiro a maio de 2022 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
“A música tradicional en Galicia. Análise e aplicación no ensino”. Curso introdutorio de 20 horas organizado polo CAFI. Santiago, 13 e 27 de novembro, 11 de decembro de 2021 e 15 e 22 de xaneiro de 2022.
–Curso de análise (continuo)
Santiago de Compostela (Auditorio de Galicia, aCentral Folque). Curso de 11 sesións de 4 horas (sábados pola mañá, semanas alternas), do 12 de xaneiro ao 8 de xuño de 2019.
–“O Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth”
Martes 9 de abril de 2019, 10-14h, 16-20h, no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
—– —– —–
Os cursos de análise seguen estes apartados:
- Aspectos básicos da notación e edición da partitura
- Métrica poética, número de sílabas, forma do texto
- Ritmo, métrica musical
- Conxunto de notas, ámbito, escala
- Cadencias, perfil melódico, forma
- Función, ocasión; outros datos
- Descrición dos xéneros musicais galegos
Como introdución á análise falamos de características xerais da música de tradición oral, en especial da canción, e tratamos o tema das variantes e a variación como elementos esenciais do canto tradicional. Prestamos especial atención á relación entre música e texto. O traballo con partituras (que cantamos antes de analizalas) complétase con audicións musicais dos exemplos presentados.
No comezo tratamos apartados por separado (ritmo, melodía, forma), para ao final analizar cancións completas. Aquí podes descargar un exemplo de test de análise do ritmo: Analise–Test-compas-ritmo. Para completalo, bota unha ollada ás entradas sobre o ritmo, sobre as variantes rítmicas e sobre o compás.
Unha vez completado, podes ver aquí as respostas: Analise–Test-compas-ritmo-RESPOSTAS
——– ——–
Contacto: sgdelaossa.analisemusical@gmail.com / 617946449, se queres organizar un curso no teu centro ou buscas aulas particulares (presenciais en Santiago de Compostela ou vía skype/correo electrónico).
febreiro 2016, Vigo
abril 2017
maio 2018

Foto: Alba María Rodríguez