Este é un sitio dedicado a cuestións relacionadas principalmente co estudo da música tradicional e a anunciar as actividades que arredor dela realizo periodicamente (cursos, obradoiros, publicacións etc.).

Foto: Miguel Souto (O Fiadeiro, Vigo, 2016)
O que aquí les débelle moito á miña formación en Hungría. As persoas de quen máis aprendín neste campo son Mihály Ittzés, Olga Szalay e Mária Domokos. Conexión directa co que aquí les aparece en escritos de Dorothé Schubarth, Béla Bartók, Zoltán Kodály, Pál Járdányi, Imre Olsvai, Katalin Paksa, Walter Wiora ou Constantin Brăiloiu, entre outros.
Tanto se entras aquí para aprender algo novo sobre a música tradicional, como se o fas pra investigar ou preparar unhas oposicións, espero que gustes do blogue! (No lado dereito hai un botón para seguilo: preme nel se queres recibir notificacións no teu correo das novas entradas.) Un saúdo!
Sergio de la Ossa