Atendendo ao ritmo dos seus versos musicais, clasificamos unha cantiga como
a) isorrítmica, no caso de que todos os versos empreguen un mesmo padrón rítmico

exemplo 1 escoitar (APOI — ID#115)
b) heterorrítmica, se o seu padrón rítmico predominante se modifica substancialmente nalgún –ou en varios– dos seus versos, se hai máis dun padrón rítmico ou se os ritmos dos versos son todos diferentes. Un exemplo deste último caso:

exemplo 2
A descrición da estrutura rítmica da peza complétase cunha lista dos elementos rítmicos ou co padrón ou padróns rítmicos empregados.
Nunha cantiga isorrítmica abonda con escribir este último, pois xa contén todos os elementos rítmicos (exemplo 1):
En cancións heterorrítmicas como a do exemplo 2, escribimos os elementos rítmicos empregados:
/
/
Melodías con isorritmia ou heterorritmia totais son só os dous extremos dun contínuum no que atopamos varias posibilidades intermedias. No seguinte esquema vemos as categorías principais (os números levan aos exemplos para cada caso):

exemplo 3
O padrón variado da canción anterior pode representarse de dúas formas:
1)
2)
1) contén todos os elementos tal e como aparecen visualmente na partitura, pero 2) é mais esquemático, simple. Eu empregaría 1) en contexto pedagóxico e 2) para comparación, investigación.
Cantiga heterorrítmica cun padrón principal:

exemplo 4 escoitar (APOI — ID#344)
A estrutura rítmica do exemplo anterior pode representarse da seguinte forma:
(As variacións colócanse inmediatamente debaixo da súa posición dentro do verso, no mesmo nivel horizontal aínda que pertenzan a versos distintos. Aquí a variación do ritmo das dúas primeiras sílabas acontece no verso IV, mentres que a das catro seguintes –en realidade unha sílaba que pasa ao pulso seguinte– acontece no verso III.)

exemplo 5
Canción heterorrítmica con 2 padróns rítmicos:
1) (versos I-III)
2) (verso IV)
Na análise de cancións o ritmo nunca se pode illar completamente do texto. O coñecemento das regras da rima, a métrica poética, etc. é unha condición para a correcta interpretación do ritmo. O feito que cómpre salientar principalmente é a diferenza entre o ritmo do texto e o ritmo superficial. A seguinte canción pode valernos como exemplo:

exemplo 6
Parecería a simple vista que aquí houbese tres ritmos diferentes (a); mais non debemos esquecer as ligaduras empregadas nos melismas (b), que revelan a duración igual desas sílabas en cada verso (c):
No nivel profundo –ritmo do texto–, os versos son isorrítmicos, malia que no nivel superficial vexamos ritmos distintos, coa aparición dos melismas. Estes ritmos son importantes desde o punto de vista da melodía e do canto, e polo tanto deben aínda aparecer como variacións baixo o padrón principal. Por seren menos importantes ca un cambio do nº de sílabas, é preferible escribir a palabra variante entre parénteses. O factor decisivo á hora de describir o ritmo dunha canción é o ritmo do texto. Resumo e análise final da canción:
Fontes:
Exemplo 1: Museo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Santiago de Compostela. http://apoi.museodopobo.gal, ID#115 (partitura — ficha) [consultada 5 maio, 2016]
Exemplo 2: Cortizas, A.: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Vigo: Xerais, 2001.
Exemplo 3: Schubarth, D., Santamarina, A.: Cancioneiro galego de tradición oral. A Coruña: Fundación P. Barrié de la Maza, 1982, p. 82. (nº 35)
Exemplo 4: Museo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Santiago de Compostela. http://apoi.museodopobo.gal, ID#344 (partitura — ficha) [consultada 5 maio, 2016]
Exemplo 5: Martínez Torner, E., Bal y Gay, J.: Cancionero Gallego. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 1973, p. 139. (nº 327)
Exemplo 6: Schubarth, D., Santamarina, A.: Cancioneiro popular galego, vol. II, t. I. A Coruña: Fundación P. Barrié de la Maza, 1986, pp. 106-107. (nº 55b)
Tódolos exemplos reeditados, nalgúns casos simplificáronse as partituras.