Desde o Instituto Kodály animan aos usuarios que estades rexistrados no KodályHub a contribuír con novas entradas para o Cancioneiro, que agora estende as súas funcionalidades con exemplos para audicións musicais e música coral.
As tres persoas que antes do 8 de xaneiro de 2022 publiquen o maior número de entradas no Cancioneiro (Songbook, agora renomeado como Musicbook) recibirán un 50% de desconto para un dos cursos online de primavera, a escolla dos gañadores. As entradas deben ser aceptadas e online para ser contadas, e poden subirse en calquera das tres categorías.
Entre os cursos pódevos interesar o de metodoloxía, que imparte en castelán unha gran profesional, Lilla Gábor, pero tedes tamén cursos de entrenamento musical (solfexo, entrenamento auditivo baseado no canto) e de entrenamento vocal (canto).
Na entrada sobre A Basic Guide to Folksong Analysis presentaba o Cancioneiro: inclúe “partituras, unha análise básica de elementos musicais presentes nas cancións e unha tradución da letra, xunto con regras do xogo ou baile […] ou exercicios e suxestións de emprego nas aulas. Atoparedes tanto cancións da tradición oral como música erudita. (ligazón ao Cancioneiro). A día de hoxe eu teño subidas tres entradas, con dous xogos e dous canons (si, un dos xogos pode facerse en canon!) que podedes consultar (por exemplo: https://kodalyhub.com/musicbook/records/56915)

Déixovos aquí a descrición do curso de metodoloxía, se estades interesados mirade nesta ligazón e informádevos ben das condicións!
Pedagoxía musical con Lilla Gábor
Duración do curso: 10 x 90 minutos
Número de asistentes: mínimo de 10, máximo de 20 por aula
A música culta no ensino musical – Repertorio e aproximación (CURSO EN CASTELÁN)
Día e hora: xoves de 17:00 a 18:30 UTC+1 (hora central europea). 3 de febreiro-14 de abril de 2022.