Atención: primeira edición do curso online!!
Se che interesa… saber por que os versos dunha muiñeira nova teñen cada un distinto número de sílabas; aprender a resumir a estrutura rítmica dunha cantiga, diferenciando entre variantes rítmicas esenciais e interpretativas; coñecer os xéneros vocais da música de Galicia; en definitiva, saber como están feitas as distintas cancións tradicionais, a través do estudo dos elementos que as compoñen, o próximo mes de outubro tes na Central Folque a primeira oferta online do curso continuo de análise.
aCentral Folque, Auditorio de Galicia curso 19-20 aCentral Folque, curso 19-20
Aprendemos escoitando gravacións orixinais, cantando desde partitura e aplicando os coñecementos paso a paso, de xeito progresivo e práctico. O curso de 60 horas de duración desenvólvese en aulas semanais de dúas horas cada unha. Hai dúas opcións de horario: martes de 17 a 19 h (grupo I) ou xoves de 19 a 21 h (grupo II) [se só podes atender o curso de mañá, escribe, consideraremos a posibilidade de abrir un grupo se hai xente dabondo]. Para participar no curso é necesaria boa conexión á Rede, que permita seguir as sesións en vivo por videoconferencia. O prezo da matrícula para o curso completo é de 350€ (se queres reservar praza fai clic aquí).
Os contidos do curso están resumidos nesta táboa:

(se queres descargar a táboa en tamaño máis grande, fai clic aquí)
E como traballamos a análise? Podes ver parte do método noutras páxinas e entradas deste blogue (por exemplo, aquí). Tes algo máis completo na versión publicada no KodályHub da miña guía de análise (+ info sobre ela nesta entrada). As actividades adaptaranse ao espazo web, onde procuraremos manter o traballo cooperativo e de descubrimento, habitual nas aulas presenciais.
Se queres preguntar algo sobre o curso, escribe ao enderezo de contacto desta páxina. Se tes dúbidas sobre cuestións administrativas ou sobre a matrícula, podes escribir a matrícula@folque.com.

Se o teu interese está nas oposicións a mestres de música, aquí poderás preparar a conciencia a análise musical para a primeira proba. Aos cursos acostuman presentarse persoas con distintos niveis de formación; entre elas, interesadas en aprender sen o obxectivo final da proba de oposicións. Se non tes unha gran formación en solfexo ou teoría da música pero tes curiosidade e vontade de aprender, e tempo para dedicarlle ao estudo de textos de referencia, partituras e gravacións, os resultados están garantizados. Se contactas con matrícula@folque.com indícanos por favor se o teu obxectivo é preparar as opos ou non!
Consúltanos o que queiras, únete aos grupos deste curso!
Pingback: Curso presencial de análise (2020-2021) | Análise musical
Pingback: Análise Musical: aulas presenciais e online – Folque