Variantes rítmicas

Principais recursos de variación rítmica: o aumento e a diminución, e a división e a unión.

O verso III perde o silencio final de negra para compensar o pulso de máis no verso IV.

exemplo 5.7. imaxe

exemplo 2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

É moi habitual, e non só en Galicia, atopar diminución rítmica no final do verso III.

exemplo 5.8. imaxe

exemplo 3

No verso III da primeira estrofa deste romance portugués atopamos unha irregularidade, unha sílaba de máis. Introdúcese no mesmo pulso, dividindo a negra en dúas corcheas. É unha irregularidade ocasional, non presente en estrofas posteriores.

Nesta copla octosilábica, o verso I remata en rima aguda (7+1 sílabas). As dúas últimas notas do verso entóanse con esta última sílaba. Na seguinte copla, de rima grave (verso de 8 sílabas), tanto o si coma o sol teñen unha sílaba de seu. Ademais, no verso IV temos outro exemplo de aumento.

Cómpre salientar que cando o ritmo dun verso é variado a través de aumento e diminución, a lonxitude ou duración dun verso cambia, pero o seu número de sílabas non. Se o ritmo é variado a través da división ou unión, a lonxitude do verso non cambia, pero o número de sílabas –e notas– si.

Fontes:

Exemplo 1: www.apoi-mpg.org, MUS030 (partitura — ficha) [consultada 5 maio, 2016]

Exemplo 2: Schubarth, D.; Santamarina, A.: Cancioneiro Galego de Tradición Oral. A Coruña: Fundación P. Barrié de la Maza, 1982, p. 61. (nº 9)

Exemplo 3: Sardinha, J.A.: Tradições Musicais da Estremadura. Publicação Vila Verde, Tradisom, 2000. [Transcrición propia da gravación no CD]

Exemplo 4: www.apoi-mpg.org, MUS143 (partitura — ficha) [consultada 5 maio, 2016]

Referencias: Exemplos deste tipo, e doutros, aparecen en Bartók, B.: The Hungarian folk song. New York: SUNY Press, 1981, p. 44. Os termos que usaba Bartók eran “expansion”, “contraction”, e por último, “replacing” tanto pra a unión como pra a división.

 

 

 

Advertisements