Cursos/aulas

Próximos cursos/conferencias:

Obradoiro “Descubre o Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth“. Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024, 16:30-17:30.

Curso presencial de análise, organizado por aCentral Folque. 52 horas, sábados de 10 a 14h en semanas alternas, de outubro 2022 a maio de 2023 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).

Últimos cursos:

Curso “O Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth“, 3.ª edición. Venres 23 de febreiro de 2024. Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Obradoiro “Guías para o uso do CPG”.  V Encontro Tradición en feminino, que organiza a AGG, Asociación do baile e a música de tradición galega. 19 de novembro de 2023, Santiago de Compostela.

Taller de transcrición musical. Martes 3 de maio, dentro das Jornadas de Investigación Musical 2022 (etnomusicología). Salamanca, Conservatorio Superior de Castilla y León.

Curso sobre o Cancioneiro popular galego, sábados 19 e 26 de marzo de 2022. Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, aCentral Folque).

Curso presencial de análise, organizado por aCentral Folque. 52 horas, sábados de 10 a 14h, de febreiro a maio de 2022 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).

A música tradicional en Galicia. Análise e aplicación no ensino”. Curso introdutorio de 20 horas organizado polo CAFI. Santiago, 13 e 27 de novembro, 11 de decembro de 2021 e 15 e 22 de xaneiro de 2022.

—–     —–     —–

Os cursos de análise seguen estes apartados:

  • Aspectos básicos da notación e edición da partitura
  • Métrica poética, número de sílabas, forma do texto
  • Ritmo, métrica musical
  • Conxunto de notas, ámbito, escala
  • Cadencias, perfil melódico, forma
  • Función, ocasión; outros datos
  • Descrición dos xéneros musicais galegos

Como introdución á análise falamos de características xerais da música de tradición oral, en especial da canción, e tratamos o tema das variantes e a variación como elementos esenciais do canto tradicional. Prestamos especial atención á relación entre música e texto. O traballo con partituras (que cantamos antes de analizalas) complétase con audicións musicais dos exemplos presentados.

No comezo tratamos apartados por separado (ritmo, melodía, forma), para ao final analizar cancións completas. Aquí podes descargar un exemplo de test de análise do ritmo: Analise–Test-compas-ritmo. Para completalo, bota unha ollada ás entradas sobre o ritmo, sobre as variantes rítmicas e sobre o compás.

Unha vez completado, podes ver aquí as respostas: Analise–Test-compas-ritmo-RESPOSTAS

——–  ——–

Contacto: sgdelaossa.analisemusical@gmail.com / 617946449, se queres organizar un curso no teu centro ou buscas aulas particulares (presenciais en Santiago de Compostela ou vía skype/correo electrónico).

febreiro 2016, Vigo

abril 2017

maio 2018

30420207_1979473682369759_2385911495984336875_o (1)

Foto: Alba María Rodríguez