Ámbito

Chamamos ámbito dunha melodía á extensión ou distancia interválica entre a nota máis grave e a máis aguda da canción. As notas numéranse en relación coa nota final ou finalis. Asignamos a esta o número 1 e ás notas por riba dela números arábigos; as notas por baixo da final desígnanse con números romanos (ver exemplo 1).

Range I-12 with numbers

figura 1

Podemos distinguir entre o ámbito real que ten en conta tódalas notas da melodía, sen reparar nas xerarquías entre elas– e o estrutural –que implica unha análise e interpretación previa das relacións entre os tons. Este último é o empregado por Dorothé Schubarth nas súas publicacións sobre música tradicional galega. Dependerá do obxectivo que persigamos o utilizarmos un ou o outro. Aquí empregaremos inicialmente o ámbito real.

Ámbitos-tipo:

 a) Ámbito estreito: Extensión de 5ª (ou inferior), pode chegar a unha 6ª. Ex.: 1-5 (tamén 1-4, 1-6, VII-5, VII-6).

Narrow range

b) Ámbito auténtico: Extensión de 8ª na que a nota máis grave é a central ou tónica. Ex.: 1-8 (tamén se consideran auténticos 1-7, 1-9, VII-8, VII-7). En casos excepcionais: 1-10, 1-11 (ámbito auténtico con extensión).

Authentic range

c) Ámbito hiperauténtico: 1-12, 1-13.

Hyperauthentic range

d) Ámbito plagal: Extensión V-5. A nota central está en posición equilibrada, con notas por baixo e por riba dela. Plagal con extensión inferior: III-5. Límites da nota inferior: III (inferior), VI (superior). Límites da nota superior: 3, 6.Plagal range

e) Ámbito mixto (Tonus mixtus): É unha combinación dos ámbitos plagal e auténtico (V-8).Mixed range

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements