Curso: «As variantes na música tradicional»

Este curso introdutorio de 4 horas de duración, organizado por aCentral Folque, terá lugar na Sala Circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) o sábado 13 de maio de 16 a 20h. O prezo da matrícula é de 20€ (se queres reservar praza, podes facelo aquí).

Unha das características principais do que coñecemos como tradición oral —sexa esta musical, literaria ou doutro tipo— é a variación. As melodías espállanse en formas coincidentes en xeral e diferentes en certos aspectos, ás veces secundarios, mais outras veces esenciais. Na vida dunha melodía poden darse modificacións importantes que fan que ao final dunha serie delas o orixinal resulte case irrecoñecible. Ao realizarmos comparacións con repertorio histórico ou doutras culturas debemos ter en conta as dinámicas de cambio que afectan as melodías, sobre as que operan forzas centrífugas, mais en ocasións tamén centrípetas.

Neste curso de introdución trataremos cuestións fundamentais arredor do fenómeno da variación, como os cambios de ámbito, de escala, as melodías truncadas, a adaptación a versos de distinto número de sílabas ou os conceptos máis xerais de tipo melódico e familia melódica; escoitaremos gravacións orixinais, cantaremos e comentaremos exemplos de variantes procedentes de Galicia (Cancioneiro popular galego, APOI), León (Cancionero leonés) ou Hungría (Corpus Musicae Popularis Hungaricae); e discutiremos fragmentos de escritos de D. Schubarth, L. Dobszay, I. Olsvai ou W. Wiora, entre outros.

Interésache este curso se: tes curiosidade e queres coñecer de xeito máis completo a música de tradición oral; cantas ou tocas música tradicional e pensas en variar repertorio coñecido, para transformar melodías dadas seguindo procesos practicados na tradición; investigas e te cuestionas sobre o repertorio que recolliches, a súa difusión xeográfica e orixe histórica. No curso iremos máis aló da habitual análise de melodías aparentemente acabadas e autosuficientes, estenderemos o concepto de «melodía» e trataremos os procesos formais de cambio.

About Sergio de la Ossa

músico, profesor, investigador
Estas entrada foi publicada en cursos, Variantes coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s