Curso “A música tradicional en Galicia. Análise e aplicación no ensino”

Este curso introdutorio de 20 horas organizado polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) ofértase para profesorado de música de conservatorio, secundaria e primaria. Realizarase en Santiago en cinco datas, sábados de mañá: 13 e 27 de novembro, 11 de decembro deste ano e 15 e 22 de xaneiro xa de 2022.

Hai 20 prazas dispoñibles, a data límite de inscrición é o 22 de outubro. Podedes ver a información sobre o curso na plataforma FProfe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=112700

Neste curso trataremos os elementos musicais máis relevantes da tradición de Galicia e aplicaremos os coñecementos extraídos da análise no ensino regrado da música. Describiremos os distintos elementos musicais que conforman a canción tradicional coa intención de acadar unha visión panorámica, de conxunto, da tradición musical en Galicia. Ofrecerase unha introdución á práctica da análise e suxestións de emprego praćtico ―a través de exercicios concretos― dos elementos e dos procesos musicais nas aulas.

Obxectivos

―Acadar unha visión xeral dos principais xéneros, formas e características musicais da tradición de Galicia.

―Recoñecer xéneros, formas e os seus elementos constitutivos a través da análise das músicas propostas.

―Extraer os principais contidos musicais que serán obxecto de ensino, e empregalos en exercicios prácticos.

Contidos

―Métrica poética: versificación silábica e versificación acentual

―Ritmo e compás: ritmo de orixe propiamente musical e adaptado a textos de versificación acentual

variantes interpretativas e ornamentais; principais tipos de variación rítmica: aumento, diminución, adición; ritmos asimétricos

―Melodía: ámbito; escalas na música tradicional galega

tipos de ámbitos; escalas modais; escalas de menos de sete notas; maiores con final en mi; con notas pivotantes

―Forma da melodía e do texto; cadencias absolutas e relativas; perfil melódico

tipos de variantes formais; secuencias; subdivisión de elementos

―Formas estróficas: simples; compostas con e sen refrán

refráns internos; cuartetas octosilábicas e hexasilábicas; seguidillas; romances zejelescos

―Xéneros: audicións, descrición, análise

definición de xéneros da música vocal (D. Schubarth), con exemplos: muiñeira vella, muiñeira nova; xota vella, xota nova; cantos de berce, infantís e de ritmo libre; regueifas e brindos

―Outras características da música tradicional: variantes estróficas, variantes formais; ornamentación; afinación non temperada; harmonía; música instrumental.

―Aplicación no ensino: exercicios de completar secuencias; compoñer textos e aplicalos a melodías preexistentes; completar melodías; recoñecer notas ornamentadas; recoñecer notas ou fragmentos con variantes melódicas; recoñecer distintas eleccións formais (brindos); canon, quodlibet etc.

About Sergio de la Ossa

músico, profesor, investigador
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s