O venres 8 de novembro comeza un novo grupo de iniciación de solfexo. O noso obxectivo é entrenar o ouvido interno, sermos capaces de escribir algunhas melodías sinxelas e ler partituras de nivel básico con fluidez. Empregamos o do móbil ou do relativo, sílabas rítmicas, signos manuais, xogamos con estas ferramentas, improvisamos un chisco, e a través da lectura e dos exemplos imos coñecendo melodías da tradición oral galega e doutros lugares do mundo.
As aulas deste grupo terán lugar os venres de 18.45 a 19.45 no Auditorio de Galicia (Compostela). Se che interesa, pódeste unir a el, só tes que escribir a matrícula@folque.com. A matrícula para o curso completo son 230€.
Aquí podes ver un pdf cunha pequena mostra do repertorio que traballamos: