Cursos 2018-2019

Comezan os cursos da temporada ’18-19!

O curso de Teoría e análise da música tradicional que empeza o 20 de outubro dentro do Curso Maxistral na Central Folque é parte dunha formación integral, que se completa con aulas de Historia da música popular galega e coas materias prácticas Repertorio tradicional e Arranxos e música moderna (para máis información, clicade aquí). Os contidos deste curso complementan o que se verá nas aulas prácticas, mais é posible matricularse de materias separadas tamén. Se vos interesa o curso podedes preguntar sobre a matrícula aquí. O programa desta materia (que, malia chamarse “teoría”, tamén inclúe elementos prácticos) podedes visualizalo en documento de texto (Teoria_e_formas_Curso_Maxistral) ou aquí abaixo:

Táboa_curso_Teoria_analise_CM_18-19_B

 

Para os interesados en profundar máis na análise de cancións tradicionais, e especialmente en preparar a proba de análise das oposicións a mestres, comeza en xaneiro un curso de 11 sesións de 4 horas (sábados pola mañá, semanas alternas ata comezos de xuño 2019). O prezo do curso completo son 260€. As datas e os contidos das sesións programadas védelas no seguinte documento de texto (Analise_Sesions_Taboa) ou aquí abaixo. Podedes completar a matrícula aquí.

Táboa_curso_análise_2019_B

O número de prazas é limitado!

Se tedes algunha dúbida sobre o contido do curso, escribide ao enderezo de contacto desta páxina. Se é sobre cuestións administrativas, matrícula, escribide a matrícula@folque.com.

 

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

One Response to Cursos 2018-2019

  1. Pingback: Cursos de Teoría e Análise da música tradicional – Folque

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s