Consellos — edición de partituras (2)

Na entrada anterior viamos como unha partitura editada seguindo a regra de un pentagrama por verso musical facilita a comprensión da forma da cantiga. Os seguintes recursos de transcrición e edición poden axudarnos a acadar un obxectivo sempre desexable: a recepción máis inmediata, clara e directa da música.

Lonxitudes de verso distintas e edición dos pentagramas

Certas características da canción saltan á vista se non xustificamos o contido de cada pentagrama. Ao non xustificar as liñas, facemos explícitas as distintas lonxitudes dos versos, que son consecuencia do uso de variantes rítmicas como aumento ou diminución (para máis sobre variantes rítmicas, fai clic aquí) ou de extensións do material musical e textual como refráns internos.

É habitual atopar versos de diferente duración (con diferente número de pulsos ou compases), e en moitas ocasións é tamén recomendable plasmar esta característica na partitura. As dúas cancións seguintes (a primeira de Hungría, a segunda dos Estados Unidos) foron editadas seguindo este principio:

Kuruc dal SMALL

Szabó, Helga: Énekeskönyv. Budapest: Nemzeti Tankönyvkiadó, 2003, p. 60.

A diferente lonxitude do verso III explícase aquí polo emprego da diminución rítmica. O ritmo   torok-barsony-suvegem-ritmo-1(escrito doutra forma: torok-barsony-suvegem-ritmo-2) convértese en   torok-barsony-suvegem-ritmo-3

Mister Frog Went A-Courting (Erdei p. 56) SMALL

Erdei, Peter: 150 American Folk Songs to sing, read and play. New York: Boosey & Hawkes, 1974, p. 56.

A extensión dos versos I e III con sílabas baleiras (ah-hah, ah-hah!) explica que se editen en liñas máis longas.

Ritmo

As variantes rítmicas de versos co mesmo material melódico, ou de estrofas distintas, poden expresarse na partitura de xeito simple, sen necesidade de escribir de novo toda a música e por tanto sen complicar en exceso a información sobre o papel ou a pantalla:

—Pódenselle aplicar a unha mesma nota distintos valores rítmicos, un coa plica cara arriba e outro con ela cara abaixo. O primeiro correspóndelle á primeira execución da música, e o segundo á repetición. No seguinte exemplo, as notas melódicas marcadas na partitura cántanse con ritmo de corchea-negra con punto a 1ª vez e de negras a 2ª vez:

billy-the-kid-2015-circulo

Lomax, A.: The Folk Songs of North America. New York: Doubleday & Company, 1960, p. 254. [reeditada]

—Este recurso emprégase tamén para ritmos que cambian en diferentes estrofas, aínda que quizais sexa máis habitual presentar o ritmo alternativo sobre o pentagrama:

the-derby-ram-erdei-p-59-recorte-e-circulo

Erdei, op. cit., p. 59.

mus-183-ritmos-alternativos

www.apoi-mpg.org (MUS183 —audio/partitura–)

—Noutras ocasións, o ritmo alternativo preséntase sobre a letra, e non sobre a partitura:

bodza-paksa_score

bodza-paksa_rhythm

Bodza, Klára; Paksa, Katalin: Magyar népi énekiskola I. Budapest: Hagyományok Háza, 2001, p. 77. (Preme aquí para escoitar!)

Variantes melódicas

—As plicas cara arriba e cara abaixo empréganse tamén cando hai notas melódicas diferentes. As notas coas plicas cara abaixo cántanse na repetición da melodía, co segundo texto:

schubarth-cp-n-37-p-60-plicas-recorte

Schubarth, D., Santamarina, A.: Cántigas populares. Vigo: Galaxia, 1983, p. 60. (nº 37)

Silencios “flotantes”

Os silencios adicionais que aparecen frecuentemente ao final dos versos (especialmente despois da cesura principal, a metade da melodía) poden deberse a necesidades físicas —coller folgos— ou construtivas —articular a melodía en seccións diferenciadas—. Estes silencios elimínanse moitas veces, en partituras prescritivas, cando extenden o número de tempos dun compás. Algúns transcritores (en tempos recentes e en partituras descritivas, principalmente) colocan estes silencios sobre o pentagrama, de xeito que non se contan como parte do compás. Isto é especialmente útil para non crear cambios de compás artificiais en cancións claramente isométricas:

bartok_hungarian_folk_music_n_206_con_marcas

Bartók, Béla: The Hungarian Folk Song [ed. Benjamin Suchoff]. Albany: State University of New York Press, 1981, p. 273. (Aquí podes escoitar a gravación de 1899 que realizou Béla Vikár en Pürkerec, Brassó –Braşov, Romanía–).

Reeditada:

bartok_floating_rest_circle

(Aquí está o manuscrito coa transcrición orixinal de Bartók; para acceder á ficha da peza no sitio do Instituto de Musicoloxía da Academia Húngara das Ciencias –zti.hu–, introduce o número 02633 no recadro “Inventory number” na base de datos do sistema Bartók).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Sen clasificar coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s